Descargar:

(Lucas 10:6)

  1. “Ide, falade”, díxonos Xesús.

    O ardente sol non lle impediu

    falar as verbas de Xehová.

    Rúas, aldeas, vilas, predicou,

    buscando os bos

    dende cedo ata o solpor.

    As boas novas nós tamén

    levamos onde haxa alguén.

    Daremos cos que sexan

    xentes de paz!

    (REFRÁN)

    Non deixarei

    de ir buscar a quen te busca.

    Non deixarei

    de ir falar a quen ti buscas.

    Portas petar

    sen nos cansar!

  2. Veña, non hai máis tempo que perder!

    Ben paga a pena predicar

    se mesmo só escoita un.

    Sempre volvemos, móvenos o amor.

    Os corazóns dos tristeiros

    imos alegrar:

    “Aquí estamos para ti,

    tamén ti podes ser feliz”.

    Os que din “Si!” fan que queiramos seguir.

    (REFRÁN)

    Non deixarei

    de ir buscar a quen te busca.

    Non deixarei

    de ir falar a quen ti buscas.

    Portas petar

    sen nos cansar!