Descargar:

(Isaías 42:8)

  1. O verdadeiro Deus,

    que fixo o Universo,

    por sempre o máis excelso,

    es ti, gran Deus Xehová.

    Que honra é portar

    o teu supremo nome!

    Mulleres, nenos, homes

    de ti van escoitar.

    (REFRÁN)

    Xehová Deus, Xehová Deus,

    un deus que non ten par.

    Nin nos ceos, nin na terra

    hai outro coma ti.

    Teu poder é infinito,

    habémolo dicir.

    Excelso, glorioso!

    Non hai máis Deus ca ti, Xehová.

  2. Ti fas que chegue a ser

    aquilo que requiras.

    Farei por ti o que pidas,

    merécelo, Xehová.

    O teu nome nos dás,

    con gusto o adoptamos,

    a todos o levamos,

    non hai honor igual.

    (REFRÁN)

    Xehová Deus, Xehová Deus,

    un deus que non ten par.

    Nin nos ceos, nin na terra

    hai outro coma ti.

    Teu poder é infinito,

    habémolo dicir.

    Excelso, glorioso!

    Non hai máis Deus ca ti, Xehová.