Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Cantemos a Xehová (cancións novas)

 Canción 137

Dános forzas e coraxe

Dános forzas e coraxe

Descargar:

(Feitos 4:29)

  1. Cando imos polas portas

    a falar de ti, Xehová,

    ameazas e aldraxes

    adoitamos escoitar.

    Pero non nos van parar,

    a ti acudimos, oh, Xehová,

    pedirémosche o alento

    para non deixar de falar.

    (REFRÁN)

    Ousadía che pedimos

    para o medo superar.

    Dános forzas e coraxe

    para as novas espallar.

    Ata vir o Harmaguedón

    seguiremos ó teu carón.

    Dános forzas e coraxe,

    pregamos, Deus!

  2. Cando o medo nos invade,

    ti escóitasnos, Señor,

    e prometes axudarnos,

    lembras ben que somos pó.

    Ollarás con atención

    as ofensivas contra nós.

    Seguirás a darnos os folgos

    para ir falar con valor.

    (REFRÁN)

    Ousadía che pedimos

    para o medo superar.

    Dános forzas e coraxe

    para as novas espallar.

    Ata vir o Harmaguedón

    seguiremos ó teu carón.

    Dános forzas e coraxe,

    pregamos, Deus!