Antes de tomar calquera decisión, sexa máis ou menos importante, fariamos ben en preguntarnos: “Que pensa Xehová?”. Aínda que nunca chegaremos a saber todo o que pensa Deus, grazas á Biblia podemos estar preparados “para toda obra boa” (2 Tim. 3:16, 17; Rm. 11:33, 34). Xesús sabía moi ben cal era a vontade de Xehová e fixo dela a súa prioridade na vida (Xn. 4:34). Imitemos a Xesús e tomemos decisións que agraden a Xehová (Xn. 8:28, 29; Ef. 5:15-17).

DESPOIS DE VER O VÍDEO TRATEMOS DE COMPRENDER CAL É A VONTADE DE XEHOVÁ (LEV. 19:18), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que debemos aplicar os principios bíblicos na nosa vida?

  • Que principios bíblicos nos axudan a escoller a música que escoitamos?

  • Que principios bíblicos nos axudan a escoller a nosa aparencia persoal?

  • En que outros ámbitos da nosa vida deberiamos aplicar os principios bíblicos?

  • Como podemos tratar de comprender mellor cal é a vontade de Xehová?

Que demostran as miñas decisións sobre a miña relación persoal con Xehová?