Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Xuño de 2017

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

É forte a nosa fe nas promesas de Xehová?

É forte a nosa fe nas promesas de Xehová?

Xosué e Salomón aseguraron que non fallara nin unha palabra das promesas de Xehová (Xos. 23:14; 1 Re. 8:56). A declaración destas dúas testemuñas fiables engade solidez ós cimentos sobre os que construír a nosa fe (2 Cor. 13:1; Tit. 1:2).

Para saber como cumpriu Xehová as súas profecías no tempo de Xosué, mirade en familia o vídeo Ni una sola palabra ha fallado. A continuación, respondede ás seguintes preguntas: 1) Como podemos imitar a fe de Rahab? (Heb. 11:31; Sant. 2:24-26). 2) Como demostra o caso de Acán que desobedecer intencionadamente trae malas consecuencias? 3) Por que os gabaonitas se renderon e acordaron a paz con Israel aínda que eran un pobo guerreiro? 4) Como se cumpriu a palabra de Xehová cando os cinco reis amorreos ameazaron a Israel? (Xos. 10:5-14). 5) Que fixo Xehová por ti ó ver que pos o Reino e a súa xustiza en primeiro lugar na túa vida? (Mt. 6:33).

Cando reflexionamos no que Xehová fixo, no que está a facer, e no que fará, a nosa fe nas súas promesas medra (Rm. 8:31, 32).

É a miña fe coma a de Xosué?