Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Xuño de 2017

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Defendamos as normas morais de Xehová

Defendamos as normas morais de Xehová

Xehová é quen decide que normas morais debemos seguir. Por exemplo, decretou que o matrimonio é a unión permanente entre un home e unha muller (Mt. 19:4-6, 9). Desaproba todo tipo de conduta sexual inmoral (1 Cor. 6:9, 10). Mesmo establece liñas xerais polas que rexirnos en canto á nosa forma de vestir e apariencia persoal que nos distinguen como o seu pobo (Dt. 22:5; 1 Tim. 2:9, 10).

Hoxe en día, hai moita xente que non acepta as normas de Xehová (Rm. 1:18-32). Déixanse influír polas opinións máis populares en canto á súa roupa, apariencia e conduta. Moitos deles presumen da súa conduta impropia e critican a quen se rixe por unhas normas distintas (1 Pe. 4:3, 4).

As testemuñas de Xehová debemos defender con valor as normas morais establecidas por Deus (Rm. 12:9). Como? Explicando con tacto e respecto o que El considera aceptable, e rexendo a nosa vida polas súas normas morais elevadas. Por exemplo, con respecto á nosa roupa e apariencia persoal, preguntémonos: “Estou seguindo as normas de Xehová ou as deste mundo? Nótase pola miña apariencia que son un servo de Deus?”. Ou ó decidir que película ou programa veremos, preguntémonos: “Gustaríalle isto a Xehová? Que clase de normas morais promove? Podería provocar que rebaixe os meus valores? (Sal. 101:3). Como afectará esta elección á miña familia ou a outras persoas?” (1 Cor. 10:31-33).

Por que é tan importante que defendamos as normas morais de Xehová? Porque Xesucristo axiña vai acabar coas nacións e con toda a maldade (Ez. 9:4-7). Só vai sobrevivir quen faga a vontade de Xehová (1 Xn. 2:15-17). Polo tanto, sexamos firmes defensores das elevadas normas divinas. Deste xeito, quen se fixe na nosa boa conduta dará gloria a Deus (1 Pe. 2:11, 12).

Que din a miña roupa e apariencia persoal acerca dos meus valores morais?

DESPOIS DE VER O VÍDEO FAITE AMIGO DE XEHOVÁ. UN HOME, UNHA MULLER, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que seguir as normas de Xehová é o mellor?

  • Por que deberían os pais ensinar as normas morais de Xehová ós seus fillos desde pequenos?

  • Como poden novos e vellos axudar ás persoas a beneficiarse da bondade de Deus?