Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sexamos mellores mestres. Utilicemos os vídeos para ensinar

Sexamos mellores mestres. Utilicemos os vídeos para ensinar

POR QUE É IMPORTANTE.

Os vídeos chegan ó corazón das persoas grazas ós sentidos da vista e o oído, o cal tamén axuda a captar a súa atención e a que teñan máis impacto. Xehová é o mellor exemplo á hora de usar medios audiovisuais para ensinar a outros (Feit. 10:9-16; Ap. 1:1).

Os vídeos Ten Deus un nome?, Quen é o autor da Biblia?Podemos confiar no que di a Biblia? complementan o contido das leccións 2 e 3 do folleto Boas noticias. Os vídeos Por que estudar a Biblia?, Como é un curso da Biblia?Como son as nosas reunións? animan as persoas a estudar a Biblia con nós ou a que asistan ás nosas reunións. Algunhas das nosas películas e documentais tamén poden usarse para ensinar a quen estea estudando a Biblia con nós (km-S 5/13 páx. 3).

COMO FAGO?

  • Descarga por adiantado o vídeo que lle queiras poñer ó amo de casa.

  • Prepara unha ou dúas preguntas que se contesten no vídeo.

  • Vede o vídeo xuntos.

  • Comentade as ideas principais.

POR QUE NON O INTENTAS?

  • Dálle a volta a calquera das nosas folliñas e ensínalle á persoa o código QR que enlaza co vídeo Por que estudar a Biblia?.

  • Móstralle o vídeo Podemos confiar no que di a Biblia? e ofrécelle o folleto Boas noticias, destacando a lección 3.