Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Xuño de 2016

 TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 52-59

Deixa as túas preocupacións nas mans de Xehová

Deixa as túas preocupacións nas mans de Xehová

Ó longo da súa vida, David tivo que facer fronte a probas moi duras. Para cando compuxo o Salmo 55, xa levaba sufrido...

  • Insultos

  • Persecución

  • Profundos sentimentos de culpa

  • Traxedias familiares

  • Enfermidade

  • Traizón

Mesmo cando os seus problemas parecían insoportables, David atopou o modo de facerlles fronte. Dá o seguinte consello inspirado a calquera que se poida sentir coma el: “Encomenda ó Señor as túas preocupacións”.

Como podemos aplicar este versículo hoxe en día?

55:23 (55:22, NM)

  1. Ábrelle o corazón a Xehová en oración ante calquera problema ou preocupación que teñas.

  2. Busca a guía e o apoio da Palabra de Deus e da Súa organización.

  3. Fai todo o que razoablemente poidas para mellorar a situación, sempre de acordo cos principios bíblicos.