Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 TESOUROS DA BIBLIA | COLOSENSES 1-4

Espídevos do home vello, revestídevos do home novo

Espídevos do home vello, revestídevos do home novo

3:5-14

Tiveches que facer moitos cambios na túa forma de ser cando coñeciches a Xehová? Podes estar seguro de que el se alegrou moito ó ver todo o que fixeches (Ez. 33:11). Porén, é importante esforzarnos arreo por manter e mellorar as boas calidades. Doutro xeito, poida que nos volvan malas tendencias que xa deixaramos atrás. En que aspectos podes mellorar? Pregúntante:

  • Gárdolle rancor a quen me magoou?

  • Son paciente, mesmo cando ando apurado ou estou canso?

  • Rexeito axiña os pensamentos inmorais?

  • Teño prexuízos cara ás persoas doutra raza ou nacionalidade?

  • Perdín os papeis ou faleille mal a alguén hai pouco?