9:62

Se un labrego quería facer os regos rectos, non podía distraerse e mirar cara atrás. Do mesmo xeito, os cristiáns non podemos distraernos e mirar cara as cousas deste mundo que deixamos atrás (Flp. 3:13).

Cando temos problemas, é fácil botar en falta “os vellos tempos”, nos que pode parecer que todo era mellor, quizais antes de coñecermos a Xehová. Nestes casos, normalmente esaxeramos o bos momentos e minimizamos os malos. Isto é o que fixeron os israelitas despois de saír de Exipto (Núm. 11:5, 6). Se pensamos demasiado no pasado, podemos vernos tentados a volver ó noso estilo de vida anterior. É moito mellor centrarse nas bendicións presentes e nas alegrías que nos agardan baixo o Reino (2 Cor. 4:16-18).