Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 74-78

Lembremos os feitos de Xehová

Lembremos os feitos de Xehová

É fundamental meditar en tódalas cousas boas que Xehová leva feito

74:16; 77:7, 12, 13 (77:6, 11, 12, NM)

  • A meditación axúdanos a facer noso o que lemos na Palabra de Deus e a cultivar aprecio profundo polo alimento espiritual.

  • Reflexionar acerca de Xehová axúdanos a non esquecer as súas marabillosas obras e a esperanza que nos ofrece.

As obras de Xehová inclúen:

74:16, 17; 75:7, 8 (75:6, 7, NM); 78:11-17

  • A creación.

  • Canto máis aprendemos acerca da creación, máis profunda é a nosa admiración por Xehová.

  • Os nomeamentos dos responsables dentro da congregación.

  • Deberiamos ser submisos a aqueles que Xehová nomea para dirixir a congregación.

  • Os actos de salvación.

  • Lembrar os actos de salvación de Xehová fortalece a nosa fe en que ten o desexo e a capacidade de coidar dos seus servos.