Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Xaneiro de 2017

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Oh, Jehová, en ti confío”

“Oh, Jehová, en ti confío”

É importante que confiemos en Xehová tanto nos bos coma nos malos momentos (Sl. 25:1, 2). No século VIII a. n. e., os habitantes de Xudá experimentaron unha crise que puxo a proba a súa confianza en Deus. Podemos aprender varias leccións daqueles sucesos (Rm. 15:4). Despois de ver o vídeo “Oh, Jehová, en ti confío”, responde ás seguintes preguntas:

  1. Que crise afrontou Ezequías?

  2. Ó anticiparse a un posible asedio, como aplicou Ezequías o principio que aparece en Proverbios 22:3?

  3. Por que Ezequías non contemplou a posibilidade de renderse ós asirios ou aliarse con Exipto?

  4. Por que é Ezequías un bo exemplo para os cristiáns?

  5. Que situacións poñen a proba a nosa confianza en Xehová?

Anota en que situacións podes demostrar máis confianza en Xehová