Senaquerib, o rei de Asiria, enviou o ministro do tesouro a Xerusalén para esixir a rendición da cidade. Co obxectivo de conseguir que os xudeus se rendesen sen ofrecer resistencia, os asirios empregaron os seguintes argumentos:

  • Illamento. Exipto non vos vai ser de moita axuda (Is. 36:6).

  • Dúbidas. Xehová non vos dará a vitoria porque está desgustado con vós (Is. 36:7, 10).

  • Intimidación. Non tendes ningunha posibilidade de vencer o exército asirio (Is. 36:8, 9).

  • Tentación. Se vos rendedes, viviredes mellor (Is. 36:16, 17).

Ezequías mantivo firme a súa fe en Xehová

37:1, 2, 14-20, 36

  • Fixo todo o que estivo na súa man para preparar a cidade de cara ó asedio.

  • Orou a Xehová para pedirlle que os librase e animou o pobo a facer o mesmo.

  • A súa fe viuse recompensada cando Xehová enviou un anxo que exterminou 185.000 soldados asirios nunha noite.