Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Xaneiro de 2016

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Construír e manter as nosas salas de reunións é un privilexio

Construír e manter as nosas salas de reunións é un privilexio

A construción do templo en Israel precisaba de moitos cartos e moito traballo. Con todo, os israelitas apoiaron o proxecto de corazón (1Cró. 29:2-9; 2Cró. 6:7-8). Unha vez rematado, os labores de mantemento reflectirían canto valoraban a súa relación con Xehová (2Re. 22:3-6; 2Cró. 28:24; 29:3). Hoxe nós tamén investimos moitos recursos e enerxías na construción, limpeza e mantemento das salas de reunións e de congresos. Colaborar con Xehová nestas tarefas non só é parte da nosa adoración, senón tamén un honor (Sal. 127:1; Ap. 7:15).

COMO PODEMOS COLABORAR?

  • Deixemos a sala limpa e recollida. Se as nosas circunstancias nos limitan, procuremos deixar recollido o sitio onde sentemos.

  • Participemos nas tarefas de limpeza e mantemento organizadas pola congregación. Cantos máis sexamos, máis repartido estará o traballo e máis desfrutaremos (lv-S páxs. 92-93 par. 18).

  • Deamos apoio económico. Para Xehová, tódalas contribucións que fagamos de corazón teñen moito valor, mesmo se son “uns céntimos nada máis” (Mr. 12:41-44).

  • Ofrezámonos para axudar na construción e reforma das nosas instalacións se nolo permiten as circunstancias. Non se precisa experiencia.