Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Iso é o que debedes estimar”

“Iso é o que debedes estimar”

Filipenses 4:8 di que debemos estimar todo o que sexa verdadeiro, serio, xusto, enxebre, estimable, honroso e calquera virtude ou mérito que haxa. Inda que os cristiáns non temos que matinar exclusivamente en temas relacionados coa Biblia, queremos que as nosas cavilacións comprazan a Xehová. Por iso non nos paramos a pensar naquilo que nos embrollaría á hora de serlle leais (Sal. 19:15 [19:14, NM]).

Poida que nos resulte complicado desfacernos dos malos pensamentos, pois somos imperfectos. Pero ademais, temos que resistir a presión de Satán, que é “o deus deste mundo” (2 Cor. 4:4). Por mor disto, moito do contido que aparece na televisión, na radio, en Internet ou nas publicacións escritas non lle agrada a Xehová. Se non escollemos con tino, pode chegar a afectar negativamente tanto o noso xeito de pensar como a nosa conduta (Sant. 1:14, 15).

DESPOIS DE VER O VÍDEO EVITEMOS O QUE DEBILITA A LEALDADE. O OCIO DESAPROPIADO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que andaba a ver o irmán no seu teléfono, e como lle afectou?

  • Como o axudaron os textos de Gálatas 6:7, 8 e Salmo 119:37?