POR QUE É IMPORTANTE?. Para seguir o exemplo de Xesús, debemos dar testemuño da verdade relacionada cos propósitos de Deus (Xn. 18:37). Malia que vivimos nun mundo cheo de inxustiza e engano, debemos alegrarnos coa verdade, dicir a verdade, e estimar todo canto sexa verdadeiro (1 Cor. 13:6; Flp. 4:8).

COMO FAGO?

  • Négate a escoitar ou espallar comentarios negativos sobre outras persoas (1 Tes. 4:11).

  • Non te alegres da desgraza allea.

  • Pensa en cousas positivas e animadoras.

DESPOIS DE VER O VÍDEO QUERÉDEVOS UNS ÓS OUTROS. O AMOR NON SIMPATIZA COA INXUSTIZA, SENÓN QUE SE ALEGRA COA VERDADE, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • En que sentido simpatizaba Debi coa inxustiza?

  • Que fixo Alba para reconducir a conversa e falar de algo positivo?

  • De que cousas positivas podemos falar?

Alegrémonos coa verdade, non coa inxustiza