Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como ser un bo estudante da Biblia

Como ser un bo estudante da Biblia

Gustaríache ser fiel ante as probas como Daniel? El estudaba a Palabra de Deus, incluídas as profecías máis complexas (Dn. 9:2). Como che pode axudar un bo programa de estudo a permanecer leal? Pode fortalecer a túa confianza no cumprimento das promesas divinas (Xos. 23:14). Tamén aumentará o teu amor por Deus, e isto motivarate a facer o correcto (Sal. 97:10). Por onde podes empezar? Fíxate nas seguintes suxestións.

  • Que podo estudar?. Un bo programa de estudo debe incluír a preparación para as reunións. Desfrutarás máis da lectura semanal da Biblia se dedicas tempo a investigar as pasaxes que non entendes. Poderías coñecer máis a fondo as profecías bíblicas, as distintas facetas do froito do espírito, as viaxes misioneiras do apóstolo Paulo, ou a creación de Xehová. Se durante o día che xorde unha pregunta acerca da Biblia, anótaa e convértea no teu seguinte proxecto de investigación.

  • Onde podo atopar información?. O vídeo Ferramentas de investigación para atopar tesouros espirituais menciona varias opcións. Ponte a proba: investiga que potencias mundiais representan os animais descritos no capítulo 7 de Daniel.

  • Canto tempo debo dedicar ó estudo?. Un programa regular de estudo é clave para unha boa relación con Xehová. Podes comezar con sesións breves e ir aumentando a súa duración. Estudar a Biblia é como cavar na procura de tesouros: cantos máis atopes, máis quererás cavar (Pr. 2:3-6). A túa estima pola Palabra de Deus medrará, e o estudo da Biblia seguirá a ser parte da túa rutina toda a vida (1 Pe. 2:2).

QUE REPRESENTAN OS ANIMAIS DO CAPÍTULO 7 DE DANIEL?

SEGUE INVESTIGANDO:

Como se cumpriu Daniel 7:8, 24?

SEGUINTE PROXECTO:

Que representan as bestas do capítulo 13 de Apocalipse?