En vista de que se achega a gran tribulación, o noso traballo de predicar é urxente (Pr. 24:11, 12, 20). Un xeito de axudar as persoas é usar as tarxetas de contacto, que dirixen á Biblia e á nosa páxina web. As tarxetas conteñen un código que leva ó vídeo Por que estudar a Biblia? e mais unha invitación para solicitar máis información ou un curso bíblico. Algunha xente non está interesada en coller as nosas publicacións, pero si en visitar jw.org. Non o dubidemos e deámoslles unha tarxeta. Non obstante, non debemos deixarlla a quen non mostra interese ningún na mensaxe.

Mentres realizamos as nosas actividades diarias, podemos espertar o interese nas persoas dicindo algo sinxelo, como por exemplo: “Gustaríame darlle esta tarxeta. Leva o enderezo dunha páxina web que contén información e vídeos gratuítos sobre unha gran variedade de temas” (Xn. 4:7). Como ocupan pouco, sempre podemos levar algunhas con nós para ofrecelas cando teñamos ocasión.