6:1-7; 7:58–8:1

Unhas viúvas de fala grega que se acababan de bautizar quedaran en Xerusalén máis tempo do planeado. Estaban a sufrir un trato discriminatorio na congregación. Afectaría esta inxustiza á súa fe ou esperarían pacientemente a que Xehová resolvese o problema?

Estevo morrera lapidado, e a intensa persecución provocara que os cristiáns de Xerusalén quedasen espallados por toda Xudea e Samaría. Afectaría isto negativamente á súa actividade de predicar?

Co apoio de Xehová, a nova congregación cristiá puido superar con éxito aquelas probas, e prosperou (Feit. 6:7; 8:4).

PENSA NISTO. “Como afronto eu as probas?”