Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Novembro de 2017

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Manteñámonos espiritualmente alerta e activos a pesar dos cambios

Manteñámonos espiritualmente alerta e activos a pesar dos cambios

Os cambios son inevitables, sobre todo nestes días derradeiros (1 Cor. 7:31). Sexan bos ou malos, esperados ou inesperados, os cambios poden alterar as nosas actividades cristiás e poñer a proba a nosa relación con Xehová. Que nos axudará a manternos espiritualmente alerta e activos ante os cambios? Despois de ver o vídeo Non descoidemos as actividades cristiás mesmo se nos trasladamos, responde ás seguintes preguntas:

  • Que consello lle deu un irmán ó pai?

  • Como aplicaba o principio de Mateo 7:25 ás circunstancias da familia?

  • Que plans fixeron antes de trasladarse, e como lles axudou isto?

  • Que lles axudou a adaptarse á nova congregación e ás características da zona na que agora debían predicar?

Que cambios importantes experimentei na miña vida ultimamente?

Como podo aplicar ás miñas circunstancias persoais os principios que aparecen neste vídeo?