A fin de ensinarnos valiosas leccións, Xehová conservou na súa Palabra relatos da vida de homes e mulleres de fe (Rm. 15:4). E ti, que aprendiches do libro de Xonás? Despois de ver o vídeo Adoración en familia. Xonás: aprendamos da misericordia de Xehová, responde ás seguintes preguntas:

  • A que retos se enfrontaron os tres irmáns do vídeo?

  • Como nos anima o libro de Xonás se recibimos algún tipo de corrección ou perdemos algunha responsabilidade na congregación? (1 Sam. 16:7; Xon. 3:1, 2)

  • Como nos axuda o relato de Xonás a manter unha actitude positiva cara á zona na que predicamos? (Xon. 4:11; Mt. 5:7)

  • Como nos consola a experiencia de Xonás se padecemos algunha enfermidade crónica? (Xon. 2:2, 3, 8, 10 [2:1, 2, 79NM])

  • Que che ensinou este vídeo sobre a importancia de ler a Biblia e reflexionar nela?