Unha boa muller ten unha influencia positiva no seu home. Nos días do rei Lemuel, se un home tiña unha boa muller, era “estimado no tribunal”, ás portas da cidade (Pr. 31:23). Hoxe en día, os anciáns e os axudantes de congregación son homes respectados. Se están casados, a boa conduta e o apoio da muller contribuirán en gran medida a que cumpran ben coas súas responsabilidades na congregación (1 Tim. 3:4, 11). Tanto os seus homes coma os irmáns da congregación estímanas moito.

Como axuda unha boa muller o seu home?