O libro Ensina e a edición simplificada son parecidos, e estarán dispoñibles nalgúns idiomas. Os dous son ferramentas básicas e conteñen as mesmas ensinanzas e na mesma orde. Non obstante, a edición simplificada usa vocabulario e razoamentos máis sinxelos. Está pensado para persoas con certas dificultades para entender o libro Ensina. En vez dun apéndice, a edición simplificada conta con resumos nos que se explican algúns termos e conceptos que aparecen ó longo dos capítulos. Non ten preguntas de introdución nin cadros de resumo ó final de cada capítulo. No seu lugar, conta cun resumo das verdades bíblicas que se explican no capítulo. Podemos ofrecer esta edición en calquera momento, igual có libro Ensina, mesmo se non é a publicación que se está a ofrecer durante o mes. Como debemos usar as axudas didácticas desta edición ó dar unha clase da Biblia?

RESUMO. A maioría da xente poderá seguir o noso método habitual de estudo, é dicir, ler o parágrafo do libro Ensina e contestar a pregunta. Pero supoñamos que o estudante non coñece ben o idioma ou non le ben. Nun caso así, pódese optar por usar a edición simplificada do Ensina. Durante a clase, tal vez podemos empregar como base para a sesión de estudo os resumos de cada capítulo, e animar ó estudante a ler o capítulo pola súa conta. Normalmente, cada unha das ensinanzas, ou verdades, pode explicarse nunha sesión de estudo duns 15 minutos. Como estes resumos non inclúen tódolos detalles que se explican no capítulo, o mestre debe prepararse ben, tendo presentes as necesidades do estudante. No caso de darmos a clase lendo o capítulo, os resumos poden servirnos para facer un repaso.

NOTAS FINAIS. Os termos e conceptos das notas finais aparecen na mesma orde que nos capítulos. O mestre pode decidir se analizarán as notas finais da edición simplificada durante a sesión de estudo.