POR QUE É IMPORTANTE?. Se os estudantes se preparan, seralles máis fácil entender e recordar o que lles ensinamos. Como consecuencia, avanzarán máis rápido. Despois de se bautizar, tamén deben prepararse para as reunións e a predicación, pois deste xeito estarán atentos en sentido espiritual (Mt. 25:13). Polo tanto, aprender a estudar e ter unha boa rutina de estudo será beneficioso para eles toda a vida. Debemos axudarlles a adquirir o hábito de prepararse para as clases da Biblia que lles impartimos.

COMO FAGO?

  • Ponlles un bo exemplo (Rm. 2:21). Prepara cada clase co estudante en mente (km 11/15 páx. 3). Ensínalle a túa publicación subliñada.

  • Anímao a prepararse. Cando o curso da Biblia estea establecido, coméntalle que a preparación forma parte das nosas clases bíblicas, e explícalle por que é mellor así. Dálle algunhas suxestións sobre como facer un oco no seu horario para prepararse con tempo. Hai quen lle presta a súa publicación subliñada ó estudante durante a sesión de estudo para que vexa as vantaxes deste sistema. Felicítao cando se prepare.

  • Ensínalle como prepararse. Algúns predicadores dedican unha das primeiras sesións de estudo a explicarlle ó estudante como prepararse.