Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Marzo de 2017

Como presentar...

Como presentar...

LA ATALAYA

Pregunta. Na súa opinión, cal é o mellor regalo que nos fixo Deus?

Texto. Xn. 3:16

Publicación. Este número de La Atalaya explica por que Deus enviou a Xesús á terra a morrer por nós, e como podemos agradecerlle este regalo.

QUE É O REINO DE DEUS? (T-36)

Pregunta. [Ensínalle a portada da folliña.] Como respondería vostede a esta pregunta?: É o Reino de Deus algo que aceptamos no corazón? A vida no ceo? Ou o goberno de Deus?

Texto. Dn. 2:44; Ap. 11:15

Publicación. Esta folliña explica o que o Reino de Deus pode significar para vostede.

INVITACIÓN Á CONMEMORACIÓN

Publicación. Estamos invitando a xente a un evento moi importante. [Ofrécelle a invitación.] O día 11 de abril, millóns de persoas de tódalas partes do mundo vanse reunir para conmemorar a morte de Xesús. Presentarase unha conferencia bíblica gratuíta na que se vai explicar o que a súa morte significa para cada un de nós. Esta invitación móstralle o lugar e a hora desta reunión na nosa zona. Encantaríanos que puidese vir.

DESEÑA A TÚA PRESENTACIÓN

Deseña a túa propia presentación seguindo a estrutura dos exemplos anteriores.