Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 TESOUROS DA BIBLIA | ESTER 6-10

Ester actuou con altruísmo a favor de Xehová e o Seu pobo

Ester actuou con altruísmo a favor de Xehová e o Seu pobo
VISTA
Texto
Imaxe

Ester foi valente e altruísta ó saír en defensa de Xehová e o Seu pobo

8:3-5, 9

  • Ester e Mardoqueo estaban a salvo. Pero o decreto de Hamán para exterminar o pobo xudeu xa ía camiño de tódolos recunchos do imperio.

  • Ester volveu arriscar a súa vida ó presentarse ante o rei sen invitación previa. Suplicoulle polo seu pobo e pediulle ó rei que anulase aquel terrible decreto.

  • Como as leis que se aprobaban no nome do rei non podían ser anuladas, Axuero autorizou a Ester e a Mardoqueo a promulgar unha lei nova.

Xehová deu unha gran vitoria ó seu pobo

8:10-14, 17

  • Promulgouse unha segunda lei na que o rei autorizaba os xudeus a se defender.

  • Os mensaxeiros saíron correndo a tódalas partes do imperio, e os xudeus preparáronse para a batalla.

  • Moitas persoas viron que os xudeus tiñan o favor de Deus e fixéronse prosélitos.