Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Marzo de 2016

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Deamos a benvida ós que nos visitan

Deamos a benvida ós que nos visitan

O 23 de marzo de 2016, uns doce millóns de persoas acompañarannos na celebración da Conmemoración. Sen dúbida, ó escoitar a conferencia bíblica recibirán un excelente testemuño acerca do fermoso regalo que Xehová nos fixo, o rescate, e mais das futuras bendicións resultantes para a humanidade (Is. 11:6-9; 35:5, 6; 65:21-23; Xn. 3:16). Pero o orador non será o único en dar testemuño nesta ocasión tan especial. Todos podemos participar dando unha boa acollida ós que nos visitan (Rm. 15:7). Vexamos algunhas suxestións.

  • En vez de esperar no asento a que comece a reunión, acheguémonos ós que nos visitan e mais ós inactivos cun sorriso e un saúdo amigable.

  • Ademais de atender os nosos invitados, procuremos estar atentos por se vemos a alguén que veu porque lle deron unha invitación durante a campaña. Dille de sentar contigo, e comparte con el ou ela a Biblia e mailo cancioneiro.

  • Cando remate a reunión, ofrécete para contestarlle calquera pregunta que teña. Se non queda moito tempo para falar porque hai que deixar sitio para a seguinte congregación, queda con ela para visitala uns días despois. Se non tes os seus datos, podes preguntarlle: “Gustaríame saber que lle pareceu a reunión. Podería contactar con vostede dalgún xeito?”.