Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Marzo de 2016

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

A resurrección é posible grazas ó rescate

A resurrección é posible grazas ó rescate

A Conmemoración dános a oportunidade de reflexionar nas bendicións que serán posibles grazas ó rescate. Unha delas é a resurrección. Xehová nunca pretendeu que os humanos tivésemos que morrer. Por iso a morte dun ser querido é unha das experiencias que máis dor nos causa (1Cor. 15:26). A Xesús doeulle moito ver canto choraban os seus discípulos a morte de Lázaro (Xn. 11:33-35). Como Xesús é un reflexo perfecto do seu Pai, podemos estar seguros de que a Xehová tamén lle doe vernos tristes pola morte dos nosos seres queridos (Xn. 14:7). El está desexando que chegue o momento de devolverlles a vida ós seus servos fieis, e seguro que nós tamén (Xob 14:14, 15).

Xa que Xehová é un Deus de orde, é razoable concluír que o fará dun xeito ordenado (1Cor. 14:33, 40). En vez de funerais, poida que haxa actos de benvida para os resucitados. Pensas algunha vez na resurrección, especialmente en momentos de dor? (2Cor. 4:17, 18) Dáslle as grazas a Xehová polo rescate e por revelar na Súa Palabra que os mortos volverán á vida? (Col. 3:15).

  • Pensaches en que familiares ou amigos tes máis gana de volver a ver?

  • Pensaches en que personaxes da Biblia che gustaría especialmente coñecer?