Segundo a Lei de Moisés, era necesario un documento legal para obter o divorcio. Isto evitaba os divorcios precipitados. Non obstante, nos tempos de Xesús, os guías relixiosos facilitaron moito este trámite. Os homes podían divorciarse das súas mulleres por calquera motivo (“certificado de despedida”, nwtsty nota de estudo para Mc. 10:4; “se divorcie de su esposa” e “comete adulterio contra ella”, nwtsty notas de estudo para Mc. 10:11). Porén, Xesús destacou o feito de que o matrimonio era unha unión permanente autorizada e instituída por Xehová (Mc. 10:2-12). Os cónxuxes debían chegar a ser “unha soa carne”. Segundo as Escrituras, o divorcio só estaba contemplado en caso de adulterio, tal e como consta no relato paralelo de Mateo 19:9.

Na actualidade, moita xente ve o divorcio coma os fariseos, e non coma Xesús. Cando xorden problemas, divórcianse. Pola contra, os matrimonios cristiáns toman moi en serio os seus votos e procuran arranxar os seus problemas poñendo en práctica os consellos da Biblia. Despois de ver o vídeo O amor e o respecto unen as familias, responde ás seguintes preguntas:

  • Como podes poñer en práctica o consello de Proverbios 15:1 no teu matrimonio, e por que é importante facelo?

  • Como pode axudarche a evitar problemas seguir o consello de Proverbios 19:11?

  • Se o teu matrimonio está a piques de romper, que podes preguntarte no canto de pensar en te divorciar?

  • Como che pode axudar Mateo 7:12 a ser un mellor marido ou unha mellor muller?