Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Maio de 2016

 TESOUROS DA BIBLIA | XOB 38-42

A Xehová gústalle que oremos por outros

A Xehová gústalle que oremos por outros

Xehová esperaba que Xob orase por Elifaz, Bildad e Sofar

42:7-10

  • Xehová mandou a Elifaz, Bildad e Sofar que fosen onda Xob e ofrecesen un sacrificio queimado por completo, ou holocausto

  • Xehová esperaba que Xob orase a favor deles

  • Despois de orar por eles, Xob foi bendicido

Xehová encheu a Xob de bendicións pola súa fe e aguante

42:10-17

  • Xehová eliminou a angustia de Xob devolvéndolle a saúde

  • Xob atopou consolo do seu sufrimento nos seus amigos e parentes

  • Volveu ser un home próspero porque Xehová lle devolveu o dobre de todo o que perdera

  • El e maila muller tiveron dez fillos máis

  • Viviu 140 anos máis e desfrutou de ver catro xeracións da súa familia