Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Maio de 2016

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como usar JW Library

Como usar JW Library

PARA ESTUDAR

  • Le a Biblia e o texto do día

  • Le o Anuario, as revistas e outras publicacións. Usa os marcadores

  • Prepara as reunións e subliña as respostas

  • Mira vídeos

NAS REUNIÓNS

  • Busca os textos que menciona o orador. Usa a función “Historial” para volver a un versículo

  • En vez de levar varias publicacións impresas, usa o teu dispositivo móbil para seguir o programa durante a reunión e cantar as cancións. JW Library conta coas cancións novas, que aínda non están no cancioneiro

NA PREDICACIÓN

  • Móstralle ás persoas interesadas algún contido en JW Library e axúdalles a descargar a aplicación e mailas publicacións no seu dispositivo móbil

  • Utiliza a función “Buscar” para atopar un versículo da Biblia; podes buscalo escribindo unha palabra clave ou unha frase

  • Pon un vídeo. Se o amo de casa ten nenos, por que non lle pos un dos vídeos da serie Faite amigo de Xehová? Tamén podes poñerlle o vídeo titulado Por que estudar a Biblia? para espertar o seu interese nos nosos cursos da Biblia. Se a persoa fala outro idioma, ponlle un vídeo no seu idioma

  • Lelle á persoa un texto noutro idioma usando unha tradución da Biblia que teñas descargada. Vai ó texto que lle queres ler, preme o número do versículo e a continuación preme no símbolo correspondente para comparar traducións