Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Febreiro de 2017

 TESOUROS DA BIBLIA | ISAÍAS 52-57

Cristo sufriu por nós

Cristo sufriu por nós

Desprezado, o máis rexeitado dos homes. Considerado ferido, castigado por Deus e aflixido

53:3-5

  • Xesús foi desprezado e acusado de blasfemia. Algúns pensaban que Deus o estaba a castigar, coma se o atormentase cunha enfermidade noxenta.

Xehová quixo esmagalo. Por medio de Xesús cumprirase a vontade de Deus

53:10

  • Sen dúbida, Xehová sufriu cando viu que executaban o seu fillo. Non obstante, alegrouse de que Xesús fose completamente fiel. Coa súa morte, respondeu ó desafío de Satanás acerca da lealdade dos servos de Deus, e trouxo beneficios ós humanos que se arrepintan. Deste xeito, contribuíu ó cumprimento da vontade de Xehová.