Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Setembro de 2016

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que facer se sae un neno á porta na predicación

Que facer se sae un neno á porta na predicación

Cando nos sae un neno á porta, preguntémoslle se podemos falar cos seus pais, pois é unha mostra de respecto á súa autoridade (Pr. 6:20). Se o rapaz nos invita a pasar, rexeitemos a invitación con educación. Se os pais non están ou non poden atendernos, volvamos noutra ocasión.

Aínda que o rapaz sexa xa mozo, debemos preguntar igualmente polos seus pais. Se non están ou non poden atendernos, podemos preguntarlle se lle deixan escoller o que ler. En caso afirmativo, podemos ofrecerlle algunha publicación ou ensinarlle a nosa páxina web, jw.org.

Se un menor mostra interese, cando o volvamos visitar preguntémoslle se podemos falar cos seus pais. Isto daranos a oportunidade de explicar o motivo da nosa visita e de ensinarlles algún consello bíblico práctico para as familias (Sal. 119:86, 138). Tal mostra de consideración e respecto será un bo testemuño para os pais, e mesmo poida que nos abra a porta a futuras visitas á familia para compartir con eles as boas novas (1 Pe. 2:12).