Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Decembro de 2016

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sexamos mellores mestres. Cheguémoslles ó corazón co libro Manténganse en el amor de Dios

Sexamos mellores mestres. Cheguémoslles ó corazón co libro Manténganse en el amor de Dios

POR QUE É IMPORTANTE. Porque os nosos estudantes deben aprender as normas de Xehová e adoptalas na súa vida a fin de servilo do xeito que el aproba (Is. 2:3, 4). O libro Amor de Dios é a segunda publicación que consideramos cos estudantes da Biblia, e axúdalles a ver como aplicar os principios bíblicos na vida diaria (Heb. 5:14). Esforcémonos por chegarlles ó corazón durante as sesións de estudo co obxectivo de motivalos a facer os cambios necesarios (Rm. 6:17).

COMO FAGO?

  • Debemos prepararnos ben tendo en conta as necesidades de cada estudante. Facer preguntas de opinión é moi útil para saber o que sente e pensa acerca da información (Pr. 20:5; be-S páx. 259).

  • Usemos os recadros do libro para axudarlle a ver a importancia de aplicar os principios bíblicos.

  • Axudemos ó noso estudante a razoar acerca de asuntos de conciencia, pero non decidamos por el (Gál. 6:5).

  • Con tacto, intentemos determinar se precisa axuda para poñer en práctica algún principio bíblico. Animémolo con cariño a facer os cambios necesarios apelando ó seu amor por Xehová (Pr. 27:11; Xn. 14:31).