Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Decembro de 2016

 TESOUROS DA BIBLIA | ISAÍAS 11-16

O país estará cheo de coñecemento do Señor

O país estará cheo de coñecemento do Señor

Como se cumpriu esta profecía no pobo israelita

  • Nin na viaxe de volta dende o exilio en Babilonia, nin na súa terra había razón para temer os animais salvaxes ou as persoas que se comportan coma tales (Esd. 8:21, 22).

Como se cumpre esta profecía nos nosos días

  • Coñecer a Xehová cámbianos. Persoas que antes eran violentas, agora son pacíficas. Grazas a este coñecemento desfrutamos dun paraíso espiritual internacional.

Como se cumprirá esta profecía no futuro

  • A terra transformarase nun paraíso no que desfrutaremos de paz e seguridade, tal e como Xehová se propuxera. Non haberá perigos para as persoas ou os animais.

Coñecer a Xehová cambiou a Paulo

  • Cando era un fariseo chamado Saulo, mostraba comportamentos propios dos animais salvaxes (1 Tim. 1:13).

  • O coñecemento exacto transformou a súa personalidade (Col. 3:8-10).