Ir ó contido

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Aquí estou, mándame a min”

“Aquí estou, mándame a min”

A actitude disposta de Isaías é digna de imitar. Demostrou fe ó responder de inmediato a unha necesidade, aínda que non coñecía tódolos detalles (Is. 6:8). Poderías facer algo por axudar onde haxa máis necesidade de predicadores do Reino? (Mt. 4:20). Claro está, antes de tomar unha decisión ó respecto debemos “pensar no presuposto” (Lc. 14:27, 28). Non obstante, esteamos dispostos a facer sacrificios a favor da obra de predicar (Mt. 8:20; Mc. 10:28-30). Como se destaca no vídeo Mudámonos a onde se precisaba axuda, as bendicións que recibimos por servir a Xehová son maiores cós sacrificios que facemos.

DESPOIS DE VER O VÍDEO, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS

  • Que sacrificios persoais fixeron os membros da familia Williams para ir axudar a Ecuador?

  • Que factores tiveron en conta para escoller o destino?

  • Que bendicións recibiron?

  • Como nos podemos informar dos lugares onde hai necesidade de predicadores?

POR QUE NON COMENTADES ESTAS CUESTIÓNS NA PRÓXIMA ADORACIÓN EN FAMILIA?

  • De que xeitos podemos facer máis na obra do Reino como familia? (km-S 8/11 páxs. 4-6)

  • Se non podemos servir nun lugar onde hai necesidade, de que formas podemos axudar na nosa congregación? (w16.03-S páxs. 23-25)