A visión do templo que tivo Ezequiel demostra que o pobo de Xehová realizaría ofrendas voluntarias. Que sacrificios de louvanza podemos facer cada un de nós? (Heb. 13:15, 16).

Unha moi boa maneira é sendo pioneiros temporais. Ó longo do ano de servizo 2018 haberá varios meses con cinco sábados ou cinco domingos. Isto é moi útil para quen traballa a xornada completa e predica principalmente durante a fin de semana. Ademais, en marzo, abril e durante o mes da visita do responsable de circuíto, teremos a opción de informar trinta horas.

E se, por circunstancias persoais, non podemos ser pioneiros temporais? En tal caso, sempre podemos esforzarnos por mellorar nalgún aspecto da predicación ou predicar máis horas. Sexa que poidamos ser pioneiros temporais ou non, que o noso amor a Xehová nos motive a ofrecerlle o mellor de nós durante o ano de servizo 2018 (Os. 14:3 [14:2NM]).

Como podemos imitar o entusiasmo de Sabina?

DESPOIS DE VER O VÍDEO SE SABINA PODE, TODOS PODEMOS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que motiva a Sabina a esforzarse ó máximo para servir a Xehová?

  • Como nos anima o exemplo de Sabina?

  • Durante o ano de servizo 2018, que meses poderás servir como pioneiro temporal?