A partir de setembro, o Caderno de Estudo Vida e Actividades incluirá un novo tipo de presentación de mostra titulada “Ensinemos coa Biblia”. O noso obxectivo será resaltar unha ensinanza básica da Biblia utilizando unha pregunta e un texto bíblico.

Se vemos que a persoa está interesada, podemos deixarlle unha publicación ou ensinarlle un vídeo de jw.org. Así prepararemos o camiño para a segunda visita. Intentemos volver ós poucos días para continuar a conversa. Tanto as presentacións de mostra como as intervencións dos estudantes estarán baseadas nun ou varios parágrafos do libro Que ensina realmente a Biblia? onde se explica o texto bíblico a considerar. Con esta nova sección aprenderemos a dar cursos bíblicos e a manter conversas coas persoas ás que visitamos usando só a Biblia.

Só hai un camiño que leva á vida (Mt. 7:13, 14). Adaptemos a forma de presentar as verdades bíblicas ás persoas en función da súa cultura e crenzas para que lles resulten atractivas (1 Tim. 2:4). Ó manter máis conversas sobre diferentes temas bíblicos e mellorando as nosas habilidades como mestres da “palabra da verdade”, sentirémonos máis felices e teremos máis éxito ensinando as verdades da Biblia (2 Tim. 2:15).