3:1-5

Por que a Xesús o encheu de tristura a actitude dos relixiosos xudeus? Porque converteran o sábado nunha carga debido a unha longa listaxe de restricións. Por exemplo, estaba prohibido matar unha pulga. A atención médica só se permitía en caso de vida ou morte. Isto significaba que se alguén rompía un óso ou sufría unha torcedura en sábado, non o curaban. Era evidente que ós dirixentes relixiosos lles importaba ben pouco aquel home da man tolleita.