Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Abril de 2017

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Animemos os cristiáns inactivos

Animemos os cristiáns inactivos

O martes 11 de abril moitos cristiáns inactivos asistirán á Conmemoración. Comezaron a carreira pola vida pero minoraron o seu paso por diversos motivos, algúns dos cales se explican no folleto Volve ó carón de Xehová (Heb. 12:1). Non obstante, os cristiáns inactivos seguen sendo moi valiosos para Xehová, de feito el comprounos co sangue do seu Fillo (Feit. 20:28; 1 Pe. 1:18, 19). Como podemos axudalos a volver á congregación?

Os anciáns buscan oportunidades para axudar ós cristiáns inactivos, tal e coma os pastores buscan sen descanso as ovellas que se afastan do rabaño (Lc. 15:4-7). Isto é unha mostra do amor e o interese de Xehová (Xer. 23:3, 4). Pero os anciáns non son os únicos que poden animalos, todos nós podemos. Todo o que fagamos por mostrarlles amor e bondade non só lle gustará a Xehová, senón que pode ser moi gratificante (Pr. 19:17; Feit. 20:35). Así que pensemos en alguén a quen poidamos animar, e fagámolo!

DESPOIS DE VER O VÍDEO ANIMEMOS OS CRISTIÁNS INACTIVOS, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que fixo Abbey cando coñeceu a unha cristiá inactiva?

  • Por que debemos falar cos anciáns primeiro se estamos pensando en axudar a un inactivo?

  • Como se preparou Abbey para visitar a Laura por segunda vez?

  • Como demostrou Abbey constancia, paciencia e amor mentres intentaba animar a Laura?

  • Que podemos aprender da ilustración de Lucas 15:8-10?

  • Cal foi o resultado dos esforzos de todos por axudar a Laura?