Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Ir ó índice

Testemuñas de Xehová

Galego

Vida e Actividades Cristiás. Caderno de Estudo  |  Abril de 2016

 A NOSA VIDA CRISTIÁ

Nova sección para comezar conversas

Nova sección para comezar conversas

Desde xaneiro de 2016, a contraportada de La Atalaya (edición para o público) contén a sección “¿Qué dice la Biblia?”. Está pensada para axudarnos a comezar conversas sobre temas bíblicos. Cun formato similar ó das folliñas, contén unha pregunta de opinión, unha resposta baseada na Biblia, e varios puntos relacionados co tema pensados para conversar.

Con frecuencia, o que comeza cunha conversa agradable sobre un tema bíblico, acaba sendo un curso da Biblia. Anímate a usar esta nova sección para axudar a máis xente a saciar as súas necesidades espirituais (Mt. 5:6).

COMO FAGO?

  1. Pregúntalle á persoa a súa opinión sobre unha das preguntas.

  2. Escóitaa e agradécelle a súa resposta.

  3. Le o texto bíblico que aparece baixo o título “¿Qué dice la Biblia?”, e a continuación pídelle os seus comentarios sobre o mesmo. Se ten tempo, continúa coa conversa usando un dos puntos que aparece baixo o título “¿Qué más dice la Biblia?”.

  4. Ofrécelle as revistas.

  5. Queda para volver e seguir comentando a segunda pregunta.