Ir ó contido

Ir ó menú secundario

Testemuñas de Xehová

Galego

Política de privacidade e uso de cookies

Política de privacidade e uso de cookies

A organización das Testemuñas de Xehová respecta o dereito á privacidade dos individuos. Se desexas obter máis información acerca da nosa política de protección de datos, fai clic aquí.

A Política de protección de datos establece o uso que a organización das Testemuñas de Xehová dá ós datos persoais. Ademais, foron adoptadas as seguintes directrices con respecto á esta páxina web.

Este sitio de Internet é propiedade de Watchtower Bible and Tract Society of New York, Inc. (“Watchtower”), unha organización sen ánimo de lucro situada en Nova York que dá apoio ás actividades das Testemuñas de Xehová e ó seu labor de divulgación da mensaxe bíblica. Algúns dos servidores deste sitio de Internet están situados nos Estados Unidos de América.

Datos persoais

Tódolos datos persoais proporcionados a este sitio web serán utilizados exclusivamente para os fins indicados ó usuario no momento en que estes datos sexan proporcionados.

Non subministraremos os teus datos persoais a terceiros a menos que sexa necesario a fin de prestar os servizos solicitados por ti, previo aviso, ou no caso de que, actuando de boa fe, o consideremos estritamente necesario para o cumprimento de determinadas leis e normas, para detectar e evitar o fraude, ou por motivos técnicos ou de seguridade. Ó usar este sitio web, aceptas que comuniquemos os teus datos persoais a terceiros só con estes fins. En ningún caso se venderán ou alugarán os datos persoais subministrados polos usuarios deste sitio web.

Divulgación a terceiros. O presente sitio de Internet contén algúns vínculos a páxinas web doutros provedores contratados para realizar servizos no noso nome, por exemplo, xestionar formularios en liña. Poderás saber que estás na páxina web dun provedor porque ó acceder, tanto o enderezo da barra do navegador como o aspecto da páxina serán diferentes. Cando seleccionamos os nosos provedores, asegurámonos de que cumpren as mesmas políticas de privacidade e protección de datos que nós, e revisamos periodicamente que as sigan cumprindo. Para máis información acerca das políticas de privacidade dos nosos provedores, podes consultar a súa páxina web.

Seguridade

Tomamos moi en serio a seguridade dos teus datos persoais. A fin de protexelos, utilizamos sistemas de encriptación como, por exemplo, o protocolo de seguridade TLS (Seguridade da Capa de Transporte). A fin de protexer a confidencialidade e garantir a seguridade da información que nos facilites, usamos equipos informáticos de acceso restrinxido situados en instalacións que contan con controis de seguridade físicos, electrónicos e de procedemento.

Contas de usuario

O enderezo de correo electrónico que nos facilites para darte de alta neste sitio web será utilizado para contactar contigo en relación á túa conta. Por exemplo, no caso de que esquezas o teu nome de usuario ou o teu contrasinal e solicites axuda para acceder á túa conta, enviarémosche unha mensaxe ó enderezo de correo electrónico que conste no teu perfil de usuario.

Donativos

Para realizar un donativo a través da nosa páxina web, gardaremos no noso ficheiro o teu nome e datos de contacto. Para os donativos realizados mediante tarxeta de crédito, traballamos só con provedores acreditados de servizos de pago por Internet, que contan con políticas de privacidade e medidas de seguridade de alto nivel. Nin almacenamos nin temos acceso á información das túas tarxetas, contas bancarias ou calquera outro dato que facilites a estes provedores de servizos de pago. O destinatario do donativo gardará rexistro da transacción durante un mínimo de dez anos. Tal rexistro incluirá datos como a data do donativo, a cantidade aboada e o método utilizado. Isto permitiranos cumprir coas normas contables e responder a calquera pregunta que che poida xurdir durante este período. Non nos poñeremos en contacto contigo para solicitar máis donativos.

Información adicional

Cando proporciones datos persoais (tales como o teu nome, enderezo postal, ou número de teléfono) para un propósito distinto ó de facer un donativo ou crear unha conta (por exemplo, solicitar un curso bíblico gratuíto), recompilaremos, almacenaremos e utilizaremos tal información durante o tempo estritamente necesario e para o fin co que nola facilitaches.

Uso de cookies e outras tecnoloxías semellantes

Cando visitas a nosa páxina web, queda rexistrada certa información de maneira automática por medio de cookies, web beacons e outras tecnoloxías semellantes. O uso do termo cookie neste documento é moi amplo, e abrangue outras tecnoloxías deste tipo como, por exemplo, a “almacenaxe local”.

Cookies. Como sucede coa maioría dos sitios web, cando accedes ó noso, gárdase algunha información, ou cookie, no teu teléfono, tableta ou ordenador. Existen varios tipos de cookie con diferentes funcións que facilitan o uso da páxina web. Utilizamos cookies para saber se visitaches a nosa páxina con anterioridade, ou para saber as túas preferencias ó usala. Por exemplo, o idioma que escolliches gárdase nunha cookie e será o que apareza por defecto a próxima vez que entres na páxina. Nunca utilizamos cookies con fins publicitarios.

Os tipos de cookies que se utilizan neste sitio poden clasificarse en tres categorías:

  1. Cookies estritamente necesarias. Son imprescindibles para que poidas acceder a certas funcións da páxina, como iniciar a túa sesión ou enviar formularios a través da nosa web. Sen estas cookies non che poderiamos proporcionar algúns servizos que desexes solicitar, tales como facer un donativo. Esta categoría tamén inclúe as cookies que nos permiten subministrar servizos solicitados expresamente ó entrar na páxina. As cookies deste tipo non gardan información persoal que podería ser utilizada con fins comerciais nin rexistran as páxinas que visitaches en Internet.

  2. Cookies de funcionalidade. Permiten que queden rexistradas as opcións que seleccionaches, como o teu nome de usuario, idioma ou localización, así como outras funcións que facilitan o uso da páxina.

  3. Cookies analíticas. Rexistran información acerca do uso da nosa páxina, por exemplo, o número de visitas que recibe e a duración media das mesmas. Esta información só se usa para mellorar o funcionamento da páxina.

Algunhas cookies son de orixe, é dicir, proceden do noso sitio web. Outras son de terceiros, é dicir, proceden doutro dominio. Na nosa páxina só se utilizan cookies de orixe, agás as empregadas por Google reCAPTCHA, un sistema que distingue os seres humanos dos ordenadores para evitar o envío de spam, ou correo masivo non desexado. Podes consultar a política de privacidade de Google en https://www.google.com/intl/gl/policies/privacy/.

Web beacons. As nosas páxinas web poden conter pequenos arquivos electrónicos coñecidos como web beacons. Estes permiten gardar rexistro de certas actividades, por exemplo, en que momento se visita unha páxina, así como para dar seguimento ó uso e rendemento do sitio.

Uso de enderezos IP. Un enderezo IP é un código numérico que serve para identificar o teu ordenador en Internet. Utilizamos o teu enderezo IP e a información acerca do navegador que empregas para analizar os patróns de uso, detectar problemas na nosa páxina e mellorar o servizo que ofrecemos.

A túa elección. A maioría dos navegadores ofrecen a posibilidade de desactivar as cookies ou de recibir un aviso antes de que unha cookie quede rexistrada no teu dispositivo. Para saber como escoller algunha destas opcións, le as instrucións do teu navegador. Non obstante, ten en conta que se desactivas as cookies, non poderás aproveitar ó máximo tódalas funcións do noso sitio web.

Active Scripting ou JavaScript

Para mellorar a funcionalidade do sitio utilízanse scripts (secuencias de comandos). Isto permite proporcionar información ó usuario a maior velocidade. Nesta páxina nunca se utilizará esta tecnoloxía para instalar software no teu ordenador ou obter datos non autorizados por ti.

Para un correcto funcionamento dalgunhas seccións da web é necesario activar Active Scripting ou JavaScript no navegador. A maioría dos navegadores permiten habilitar ou deshabilitar esta función para determinados sitios web. Se necesitas información sobre como habilitar esta función, podes consultar a sección de axuda do teu navegador.

Os teus dereitos

Non se cobra nada por usar este sitio nin por descargar publicacións, vídeos ou gravacións en audio. Para utilizalo, non é necesario crear unha conta, facer un donativo ou proporcionar información persoal. Non obstante, ó crear unha conta, enviar un donativo, solicitar un curso bíblico gratuíto ou realizar calquera outra acción para a cal se precise introducir os teus datos persoais, aceptas o seguinte: a presente política de privacidade e uso de cookies; o almacenamento dos teus datos en servidores dos Estados Unidos; a recollida, proceso, transferencia e almacenaxe dos teus datos persoais por parte da organización Watchtower e outras organizacións afiliadas ás Testemuñas de Xehová en varios países, sempre que sexa necesario para atender a acción solicitada por ti. A entidade que recompile os teus datos dependerá das características da túa interacción coa nosa páxina web. Por exemplo, se realizas un donativo a unha entidade legal dun país en particular, os teus datos persoais e de contacto serán enviados á entidade legal que se indique durante o proceso de doazón. No caso de que solicites un curso bíblico, o teu nome e datos de contacto enviaranse a unha das sucursais das Testemuñas de Xehová para que atendan a túa solicitude.

Se non proporcionas os datos persoais necesarios para crear unha conta, facer un donativo, ou realizar calquera outra acción para a que se precisen os teus datos, non poderemos atender a túa solicitude.

No caso de que introduzamos algún cambio na nosa Política de privacidade e uso de cookies, notificarémolo no noso sitio web, de xeito que sempre poderás saber que datos obtemos e como os utilizamos.

De acordo coa lei, poida que teñas outros dereitos vinculados ós teus datos persoais. Isto podería incluír o dereito ó acceso, rectificación, cancelación ou oposición de calquera información persoal que nos proporciones a través desta páxina web. Se este é o caso no teu país, podes atopar aquí os datos de contacto. Se a túa consulta está relacionada cun donativo, por favor, contacta co destinatario indicado no proceso de doazón, e que aparece no recibo da mesma.