Ir ó contido

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

Uso de datos persoais. Bulgaria

Uso de datos persoais. Bulgaria

Ó facerse predicador, unha persoa recoñece que a organización relixiosa mundial das Testemuñas de Xehová, incluídas a congregación local das Testemuñas de Xehová, a sucursal local e entidades similares asociadas ás Testemuñas de Xehová, usan os seus datos persoais dun xeito legal e de acordo cos intereses relixiosos lexítimos da organización relixiosa. Os predicadores proporcionan voluntariamente os seus datos á súa congregación segundo establece o libro Organizados para hacer la voluntad de Jehová a fin de participar en actividades relixiosas relacionadas coa súa adoración a Deus e para recibir atención espiritual (1 Pedro 5:2).

Os predicadores poden proporcionar datos persoais adicionais ás Testemuñas de Xehová co propósito de participar noutras actividades relixiosas. Estes datos persoais poden incluír: nome, data de nacemento, sexo, data de bautismo, información de contacto, ou información relacionada co seu benestar espiritual, participación na predicación ou noutras actividades das Testemuñas de Xehová. Estes datos inclúen información sobre as crenzas relixiosas do predicador e outros datos persoais sensibles. O uso dos datos persoais pode significar recompilar, gravar, organizar, estruturar e almacenar a información, así como outros procesos similares.

A lei de protección de datos deste país é a seguinte:

Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679.

En conformidade con esta lei de protección de datos, os predicadores consenten que as Testemuñas de Xehová usen os seus datos persoais con fins relixiosos, incluídos os seguintes:

  • participar en calquera reunión da congregación local das Testemuñas de Xehová, ou en calquera outra actividade ou proxecto de carácter voluntario.

  • decidir participar en reunións ou congresos que sexan gravados e emitidos para fortalecer a fe das testemuñas de Xehová de todo o mundo.

  • atender calquera responsabilidade ou tarefa na congregación, o que inclúe que apareza no taboleiro de anuncios da Sala de Reunións das Testemuñas de Xehová o seu nome e maila tarefa asignada.

  • gardar as tarxetas de Registro de publicador de la congregación.

  • recibir atención e coidado de parte dos anciáns das Testemuñas de Xehová (Feitos 20:28; Santiago 5:14, 15).

  • gardar información de contacto para casos de emerxencia.

Os datos persoais gardaranse por un período de tempo indeterminado e mentres apliquen os fins mencionados anteriormente ou outros fins lexítimos. No caso de que o predicador se negue a firmar o formulario de Notificación e consentimento de uso de datos persoais as Testemuñas de Xehová non poderán avaliar as súas aptitudes para desempeñar certas responsabilidades na congregación ou participar en certas actividades relixiosas.

Cando sexa necesario ou pertinente, enviaranse os datos persoais a calquera entidade asociada ás Testemuñas de Xehová. Os predicadores entenden que algunhas entidades asociadas ás Testemuñas de Xehová poden estar situadas en países onde a lei proporciona diferentes niveis de protección de datos persoais, que non sempre coinciden co nivel de protección de datos persoais do país que envía os datos. Non obstante, os predicadores entenden que calquera destinatario, o que pode incluír entidades asociadas á sede central das Testemuñas de Xehová en Estados Unidos, só usará eses datos conforme á Política global de protección de datos persoais das Testemuñas de Xehová.

Os predicadores teñen dereito a solicitar ó acceso, rectificación, cancelación e oposición do uso dos seus datos persoais almacenados polas Testemuñas de Xehová. Os predicadores poden retirar o seu consentimento a certos usos futuros dos seus datos persoais. Se un predicador retira o seu consentimento ó uso dos seus datos persoais, as Testemuñas de Xehová poden estar igualmente obrigadas a usar algúns destes datos persoais sen o consentimento do predicador, de acordo cos lexítimos propósitos relixiosos de manter e administrar a información relacionada coa afiliación dos membros das Testemuñas de Xehová, ou conforme a calquera base legal contemplada na Lei de Protección de Datos. Os predicadores están informados do seu dereito a presentar unha reclamación perante as autoridades locais de protección de datos no país onde actualmente residen.

As Testemuñas de Xehová adoptaron diversas medidas de seguridade en forma de procedementos e tecnoloxías conforme á Lei de Protección de Datos a fin de protexer os datos persoais. Os predicadores entenden que só un número limitado de persoas autorizadas accederá ós seus datos persoais para cumprir cos fins detallados neste documento.

Calquera reclamación relacionada coa protección de datos debe enviarse por correo electrónico ó seguinte enderezo:

DataProtectionOfficer.BG@jw.org.

Os predicadores entenden que a identidade e a información de contacto do xestor de datos do país onde residen, e onde corresponda, do seu representante e delegado de protección de datos persoais, pode atoparse na listaxe de Contactos de Protección de datos de jw.org.

As nosas prácticas de protección de datos poden sufrir modificacións en calquera momento debido a cambios nas nosas actividades relixiosas, na lei ou na tecnoloxía que empregamos. Cando sexa necesario modificar a sección de Uso de datos persoais, publicaremos os devanditos cambios nesta páxina web a fin de que os predicadores sempre estean informados acerca dos datos que recompilamos e do uso que lles damos. Consulta esta páxina con regularidade para estar ó tanto dos cambios.