Ir ó contido

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

Política global de uso de datos persoais

Política global de uso de datos persoais

USO DE DATOS PERSOAIS

Para ver a maioría do contido deste sitio web non é necesario rexistrarse como usuario ou facilitarnos datos persoais. Porén, algunhas funcións só están dispoñibles para usuarios rexistrados, para usuarios que enchen solicitudes ou consultas, e cando unha congregación das Testemuñas de Xehová envía os datos persoais dun usuario a través de jw.org. Procesamos os teus datos persoais de acordo co teu consentimento. Nalgúns casos, é posible que inda que retires o teu consentimento, a lei nos permita procesar os teus datos, sempre que se cumpran os requisitos legais necesarios.

Só usaremos os datos persoais que se nos faciliten a través do noso sitio web para o fin especificado polo usuario, e que pode ser algún dos seguintes:

Contas de usuario. Poderemos comunicarnos contigo a través do enderezo electrónico que nos facilites ó crear unha conta de usuario nesta páxina web. Por exemplo, se esqueces o teu nome de usuario ou contrasinal e solicitas axuda para iniciar sesión, enviarémosche unha mensaxe ó enderezo electrónico que consta na túa conta de usuario.

Solicitudes. Podes enviar unha solicitude a través desta páxina web, ou a congregación á que pertences pode enviar unha solicitude no teu nome. Neste caso, só usaremos os datos persoais que nos proporciones para procesar e estudar a túa solicitude, e para fins administrativos relacionados. Se é necesario para atender a túa solicitude, compartiremos os teus datos persoais con outras sucursais ou entidades que colaboran coas Testemuñas de Xehová en varios países.

Donativos. Cando envías un donativo por Internet, rexistramos o teu nome e datos de contacto. As doazóns por Internet realizadas con tarxeta de crédito son tramitadas por servizos de pago electrónico que cumpren cos máximos estándares de seguridade e de protección da privacidade. A fin de procesar o teu donativo, podemos proporcionar a estes servizos a información que ti nos facilitas, como o teu número de tarxeta de crédito ou o teu número de conta bancaria. Tramitamos o teu pago seguindo as medidas recollidas na PCI DSS (Estándar de Seguridade de Datos para a Industria de Tarxetas de Pago). O receptor do donativo enviado gardará un rexistro de cada transacción durante un mínimo de dez anos, o cal inclúe a data da doazón, a cantidade doada e o medio de pagamento. Isto permitiranos cumprir coas normas contables e responder a calquera pregunta que che poida xurdir durante este período. Non nos poñeremos en contacto contigo para solicitar máis donativos.

Solicitude de información ou de cursos bíblicos. A través da nosa páxina web, tamén podes solicitar información adicional ou un curso da Biblia. Só usaremos os datos persoais que nos proporciones para atender a túa solicitude. Se é necesario para atender a túa solicitude, compartiremos os teus datos persoais con outras sucursais ou entidades colaboradoras das Testemuñas de Xehová.

Outros fins. Podes facilitarnos os teus datos persoais (tales como nome, enderezo postal ou número de teléfono) para outros fins distintos a crear unha conta, enviar unha solicitude ou enviar un donativo. En cada caso, indicarase claramente o motivo polo que che pedimos certa información. Non se utilizarán os datos persoais proporcionados a este sitio web para fins distintos ós indicados claramente ó usuario no momento en que estes datos sexan proporcionados.

Só recompilamos, gardamos e usamos estes datos persoais para os fins especificados por ti, e conservarémolos só mentres sexa necesario para tales fins ou para calquera outro fin lexítimo aplicable. En tales situacións, se non nos proporcionas algún dos datos que che solicitemos, é posible que non teñas acceso a algunhas seccións da páxina web, ou que non poidamos atender a túa petición.

Os datos persoais que nos facilites ó realizar unha consulta ou unha solicitude poderán estar accesibles ós procesadores que interveñan nas operacións relacionadas co cumprimento da túa petición e/ou ós técnicos especialistas que realizan tarefas relacionadas co funcionamento e mantemento do sistema informático. Non subministraremos os teus datos persoais a terceiros agás 1) sexa necesario a fin de prestar os servizos solicitados por ti, previo aviso; 2) cando, actuando de boa fe, o consideremos estritamente necesario para o cumprimento de determinadas leis e normas; 3) en caso de que así nolo esixan as autoridades; 4) para detectar e evitar o fraude, ou por motivos técnicos ou de seguridade. Ó usar este sitio web, aceptas que comuniquemos os teus datos persoais a terceiros só con estes fins. En ningún caso se venderán ou alugarán os datos persoais facilitados polos usuarios deste sitio web.

TRANSFERENCIAS INTERNACIONAIS DE DATOS

A organización relixiosa das Testemuñas de Xehová opera a nivel mundial por medio de diferentes entidades locais. Algúns dos servidores nos que se aloxa a nosa páxina web están situados en Estados Unidos. Podemos transferir os teus datos persoais fóra do país onde resides, o cal pode incluír países con leis que contemplen un nivel de regulación da protección de datos distinto ó do país onde resides. Sempre que manexamos e transferimos os teus datos persoais, tomamos medidas deseñadas para protexelos. Esperamos de tódalas entidades que empregamos e dan apoio á obra das Testemuñas de Xehová que cumpran coas nosas políticas de protección de datos e coas leis e regulacións que rexen a protección de datos.

Ó visitar este sitio web e comunicarte electronicamente con nós, aceptas estas transferencias internacionais de datos.

DEREITOS DO USUARIO

Sempre que procesamos os teus datos persoais, tomamos medidas razoables para asegurarnos de que sexan exactos e se manteñan actualizados de acordo co fin para o cal foron recompilados. Segundo o país no que residas e as leis de protección de datos existentes no mesmo, é posible que teñas os seguintes dereitos vinculados ós datos persoais que nos facilitaches:

  • Solicitar información acerca da recompilación e uso dos teus datos persoais de acordo coas leis do país onde resides.

  • Solicitar o acceso, bloqueo ou eliminación dos teus datos persoais, ou a súa modificación se están incompletos ou non son correctos.

  • Onde exista a base legal necesaria, podes obxectar ó proceso dos teus datos persoais e solicitarnos que non os procesemos.

Se no país no que resides existen tales leis de protección de datos, e desexas rectificar, cancelar ou acceder ós teus datos persoais, ponte en contacto coa entidade correspondente na listaxe de Contactos de Protección de Datos.

Unha vez que recibamos a túa solicitude, comprobemos a túa identidade e contemos coa información necesaria para localizar os teus datos persoais, o xestor de datos correspondente decidirá se tramita a túa petición valorando os teus intereses individuais en ter acceso, rectificar ou cancelar os teus datos fronte ós intereses lexítimos da organización, o cal inclúe valorar se a tramitación da túa petición afectaría o dereito da organización á práctica da liberdade relixiosa. Tamén notificaremos os cambios pertinentes a calquera terceira parte que estea implicada.

Por favor, ten en conta que é posible que os teus datos persoais non poidan ser eliminados se a lei non o permite, ou se algún outro requirimento legal esixe que os conservemos. Por exemplo, se a organización relixiosa está interesada en conservar permanentemente os datos relacionados co estado dunha testemuña de Xehová en particular, eliminar tal información iría en contra das prácticas e crenzas da organización relixiosa. As solicitudes de eliminación de datos persoais están suxeitas a calquera normativa legal aplicable ou a calquera requisito legal de conservación de documentos que debamos cumprir. Se o desexas, podes presentar unha reclamación perante as autoridades locais de protección de datos en relación ó proceso dos datos que nos facilitaches a través deste sitio web.