Ir ó contido

Testemuñas de Xehová

Selecciona un idioma Galego

Política global de protección de datos persoais das Testemuñas de Xehová

Política global de protección de datos persoais das Testemuñas de Xehová

A organización relixiosa mundial das Testemuñas de Xehová (“organización relixiosa”) respecta os dereitos dos individuos á privacidade e á protección dos seus datos persoais. A organización relixiosa recoñece a necesidade dunha comunicación franca e aberta e da obtención de datos persoais, así como doutra información sensible, a fin de xestionar as necesidades individuais das testemuñas de Xehová e levar a cabo a súa obra de carácter relixioso e benéfico. Tamén recoñece a necesidade de manter a confidencialidade e garantir que a información se protexe axeitadamente (Proverbios 15:22; 25:9). A confidencialidade é un valor fundamental para nós (Proverbios 20:19).

En moitos países existen leis de protección de datos destinadas a protexer os dereitos dos individuos á privacidade. A organización relixiosa, incluídas as súas sucursais, conta cun longo historial de respecto ós dereitos á privacidade e á confidencialidade, mesmo antes de existir tales leis de protección de datos. A organización relixiosa seguirá a protexer a información que se lle confía de acordo coa súa práctica habitual.

Protección de datos. A organización relixiosa xestiona tódolos datos persoais seguindo os principios detallados a continuación:

  1. Os datos persoais serán procesados de acordo á lei.

  2. Os datos persoais serán obtidos, xestionados e utilizados só ata o grao preciso para os seus fins relixiosos e benéficos.

  3. Os datos persoais serán exactos e manteranse actualizados. Calquera erro será corrixido en canto a organización teña coñecemento do mesmo.

  4. Os datos persoais conservaranse só mentres sexan necesarios para o(s) fin(s) lexítimo(s) da organización relixiosa.

  5. Darase a debida consideración a respectar os dereitos dos individuos que facilitaron datos persoais.

  6. A fin de evitar o uso non autorizado ou ilegal dos datos persoais, adoptaranse medidas técnicas e organizativas. Tódolos datos persoais están almacenados en ordenadores protexidos con contrasinal, ós cales só teñen acceso usuarios autorizados. Fóra do horario laboral, os ordenadores estarán pechados con chave e só poderá acceder ós mesmos o persoal autorizado.

  7. Os datos persoais non serán compartidos entre as distintas sucursais agás sexa necesario para os fins relixiosos e benéficos da organización relixiosa, á cal tódalas testemuñas de Xehová autorizaron en virtude da súa decisión libre e consentida de converterse en testemuñas de Xehová e identificarse como tales.

Os presentes principios rexen o uso de datos persoais bosquexado no libro Organizados para hacer la voluntad de Jehová, que se entrega a tódalas testemuñas de Xehová cando chegan a ser predicadores. Se desexas máis información, consulta o libro Organizados para hacer la voluntad de Jehová.

O dereito do interesado a protexer, corrixir ou eliminar os seus datos persoais e información persoal sensible está garantido de acordo coa práctica establecida polas Testemuñas de Xehová no documento Política global de uso de datos persoais das Testemuñas de Xehová baixo a sección Dereitos do interesado.

A presente Política global de protección de datos persoais das Testemuñas de Xehová contén as directrices básicas polas que deben rexerse as Testemuñas de Xehová de todo o mundo con respecto ó tratamento de datos persoais.