Galego
Xa está dispoñible a edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo en JW Library
https://assetsnffrgf-a.akamaihd.net/assets/ct/d71826a198/images/syn_placeholder_sqr.png

26 DE ABRIL DE 2018
NOVIDADES

Xa está dispoñible a edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo en JW Library

Xa está dispoñible a edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo en JW Library

Por agora, a edición de estudo da Traducción del Nuevo Mundo de las Santas Escrituras só está dispoñible en inglés. Xa podes descargala na aplicación JW Library. Antes de descargala, asegúrate de que tes instalada a versión máis recente da aplicación no teu dispositivo. A continuación, descarga a edición de estudo seguindo un destes métodos:

Método 1

  • Vai a Novidades, situado na pantalla de inicio da aplicación, preme en Study Bible e sigue as instrucións.

Método 2 (se a edición de estudo non aparece na sección Novidades)

  • Preme en Biblia na barra do menú (en dispositivos iOS e Windows) ou selecciona Biblia no menú de navegación (en dispositivos Android).

  • Preme en Idiomas. En dispositivos pequenos, é posible que esta opción apareza no menú de opcións adicionais.

  • Selecciona a Study Bible en inglés e sigue as instrucións.

  • Nalgúns dispositivos terás que seleccionala outra vez para comezares a usala.