Introdución
Nunha época na que o matrimonio e a familia están ameazados, será posible ter unha familia feliz? Non é un asunto doado, pero temos bos consellos á nosa disposición. Este folleto non pretende ser un manual de instrucións do matrimonio, pero destaca eficaces principios da Biblia e ofrece suxestións prácticas. Se os aplicades na vosa vida, axudaranvos a que teñades unha familia feliz.