Ir ó contido

Ir ó índice

 CAPÍTULO 1

Deus crea o ceo e a terra

Deus crea o ceo e a terra

Xehová é o noso Creador. El fixo todo, o que vemos e o que non. Antes de facer o que vemos creou moitísimos anxos. Sabes quen son os anxos? Son persoas que Xehová fixo parecidas a El. Non os podemos ver, igual que non podemos ver a Deus. O primeiro anxo que creou foi o seu axudante. Axudoulle a crear as estrelas, os planetas e todo o demais. Un deses planetas é a Terra, o noso fermoso fogar.

Entón Xehová preparou a terra para os animais e as persoas, e fixo que saíse o sol. Tamén creou as montañas, os océanos e os ríos.

Que pasou despois? Xehová dixo: “Vou facer a herba, as plantas e as árbores”. Entón comezaron a crecer diferentes clases de froitas, verduras e flores. Ademais Xehová fixo tódolos diferentes animais: os que voan, os que nadan, os que se arrastran e os que trepan. Creou os animais pequenos, como os coellos, e os grandes, como os elefantes. Cal é o teu animal favorito?

Entón Xehová díxolle ó primeiro anxo: “Fagamos o home”. As persoas ían ser diferentes dos animais. Poderían inventar  cousas, falar, rir e orar. Coidarían da terra e dos animais. Sabes quen foi o primeiro home? Vexamos.

“No principio creou Deus o ceo e a terra” (Xénese 1:1)