Ir ó contido

Ir ó índice

 CANCIÓN 120

Sexamos mansos coma Xesús

Selecciona unha gravación
Sexamos mansos coma Xesús

(Mateo 11:28-30)

  1. 1. O home máis grande viviu entre nós,

    nin aires se deu, nin fachenda mostrou.

    E inda sabendo que ía ser Rei,

    non houbo quen fose máis manso ca el.

  2. 2. “Se tes un problema, estou para ti,

    acougo prometo, se vés onda min.

    O xugo que levo é bo de levar,

    se cargas con el, moita paz sentirás”.

  3. 3. “Irmáns todos sodes”, ensina Xesús,

    humildes, submisos a el como un.

    Ós mansos da terra, Xehová prometeu:

    “A terra herdade, seredes dos meus”.