Canción 142
Todos podemos ser amigos de Xehová
Descargar:
Queremos imitar ó noso Deus,
ser imparciais no trato cos demais.
Xehová desexa vernos onda El,
os pobos todos baixo o mesmo Pai.
(REFRÁN)
Que importa a nación
se Deus ve o corazón!
A todos El ofrece salvación.
Para nós é un pracer
ir e darlles a saber:
“Tamén ti podes ser amigo d’El”.
Ás veces, nós podemos prexulgar,
pero Xehová non queda no exterior.
O mesmo dá a raza, ou a cor,
pois El só ve o noso interior.
(REFRÁN)
Que importa a nación
se Deus ve o corazón!
A todos El ofrece salvación.
Para nós é un pracer
ir e darlles a saber:
“Tamén ti podes ser amigo d’El”.
Xehová dá abeiro a todos por igual,
sempre que deixen este mundo atrás.
Nós xa o sabemos de primeira man!
Sen distincións, habemos predicar!
(REFRÁN)
Que importa a nación
se Deus ve o corazón!
A todos El ofrece salvación.
Para nós é un pracer
ir e darlles a saber:
“Tamén ti podes ser amigo d’El”.
(Ver tamén Xn. 12:32; Feit. 10:34; 1a Tim. 4:10; Tit. 2:11.)